- A actividade celebrarase este fin de semana ao principio da praia de Panxón.
- As inscricións realizaranse nas Oficina de Turismo de Nigrán.
A Concellaría de Turismo, Cultura e Deportes presenta o I Torneo de Fútbol Interpraias Nigrán-Sanxenxo, unha iniciativa organizada en colaboración coa asociación Ocio y Playa que se celebra por primeira vez nos areais de Nigrán. A competición desenvolverase este fin de semana na praia de Panxón, a partir do venres 5 ás 18.00 horas. A final disputarase ás 18 horas do domingo 7 de agosto. As inscricións son gratuítas, e poderán realizarse ata o xoves 4 de agosto na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, de Panxón.
A competición organizarase nunha serie de eliminatorias por equipos integrados por cinco membros cada un, aínda que en cada equipo poderán anotarse ata oito persoas. O torneo estruturarase en dúas categorías mixtas, xuvenís (entre 12 e 16 anos) e adultos (máis de 17 anos). Para máis información sobre a competición preguntar nas Oficinas de Turismo de Nigrán, en Panxón, Patos e A Ramallosa ou no teléfono 986 36 87 34.