Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Apertura de inscricións para os cursos de verán da Escola Municipal de Tenis de Nigrán.

Apertura de inscricións para os cursos de verán da Escola Municipal de Tenis de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
pelotas

O Concello de Nigrán abre as inscricións para os cursos de verán da Escola Municipal de Tenis ata o vindeiro 28 de xuño.Os cursos están dirixidos a nenos e mozos entre 5 a 18 anos. As clases impartiranse no mes de xullo , tres veces por semana cunha duración de 45 minutos.

A cantidade de prazas é limitada. Os inscritos poderán elixir entre a quenda dos días martes, xoves e sábado de 10 a 10:45 horas ou 11:30 a 12:15 horas. Tamén está dispoñible nos mesmos horarios a quenda dos días luns, mércores e venres.

O curso organizado pola concellería de Turismo, Cultura e Deporte de Nigrán terá un custe de 41 euros. O listado cos alumnos admitidos se fará público dos días antes do comezo do curso no taboleiro municipal das Dunas de Gaifar (Parroquia de Panxón).