O concello de Nigrán publicou o pasado 4 de abril no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria de oferta de emprego para a selección de 8 prazas de auxiliar de policía local, con carácter de persoal laboral temporal por un período de tres meses, polo procedemento de oposición libre.
O tipo de contrato será laboral temporal por acumulación de tarefas e de 40 horas semanais cunha retribución mensual bruta de 1104,54 euros por tódolos conceptos incluídas as pagas extraordinarias prorrateadas.