Sábado, 15 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía #Baiona licita ás máquinas expendedoras de bebidas localizadas en dependencias municipais.

#Baiona licita ás máquinas expendedoras de bebidas localizadas en dependencias municipais.

Correo-e Imprimir PDF
vending

A convocatoria refire a 6 máquinas expendedoras de bebidas frías e quentes a instalar na Casa Consitorial (2), o Pavillón de Deportes (2) a Escola de Música (1) e o Centro Cultural de Belesar (1). A concesión será por un ano e prorrogable por outro segundo as bases publicadas no boletín provincial.

O canon anual mínimo será de 140 euros por cada unha das máquinas a instalar na Casa Consistorial e o Pavillón Municipal. En ambos os dous casos implican expendedoras de bebidas frías e quentes.

Para a Escola Municipal e o Centro Cultura de Belesar está prevista só a instalación dunha máquina expendedora de bebidas quentes por instalación. O canon mínimo anual será de 120 euros no primeiro caso e 100 euros no segundo.

A administración bonificará aos ofertantes que acheguen maior canon anual e menor prezo dos produtos cara o público.

As bases poden descargarse na páxina web do Concello de Baiona.