Acudiron os representantes de CC OO, CIG e CSIF
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo o martes o seu primeiro encontro cos representantes dos traballadores da institución provincial. Nesta xuntanza tamén estivo presente o deputado provincial responsable de persoal, Carlos López Font.
A xuntanza, á que acudiron os representantes da xunta de persoal e do comité de empresa, membros de CIG, CSIF e CC OO, foi a primeira toma de contacto da nova Corporación provincial cos representantes dos traballadores.
Estes encontros, sinalan, están enmarcados no proceso da nova corporación de coñecer os servizos e o persoal de toda a institución.