Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Banco de España advirte que non se poden cobrar dúas comisións polo uso dos caixeiros automáticos.

Banco de España advirte que non se poden cobrar dúas comisións polo uso dos caixeiros automáticos.

Correo-e Imprimir PDF
0-cajero-automatico1

O Banco de España emitiu nesta xornada unha circular na que afirma a retirada de efectivo nun caixeiro automático "constitúe un único servizo de pago, con independencia de que se realice nun caixeiro propiedade da entidade emisora da tarxeta bancaria ou doutra entidade". En consecuencia, ese servizo "só pode orixinar o cobro dunha comisión, xa sexa pola entidade emisora da tarxeta ou pola entidade propietaria do caixeiro". Deste xeito, o ente regulador dálle un tirón de orellas ás entidades bancarias que cobran comisións pola retirada de diñeiro aos usuarios que no sexan clientes do banco. AS asociacións de consumidores á vez piden multas para as entidades que apliquen este recargo.

A fin de comunicar este criterio, o Banco de España acordou remitir senllos escritos á Asociación Española de Banca (AEB), a Confederación Española de Caixas de Aforro (CECA), a Unión Nacional de Cooperativas de Crédito (UNACC), a Asociación Nacional de Establecementos Financeiros de Crédito (ASNEF) e a Asociación Española de Entidades de Pago (ANAED), como asociacións representativas das entidades supervisadas que desenvolven actividade de servizos de pago, instando ás entidades intervinientes nesta operativa a que adopten as medidas necesarias para garantir que, en cada operación, procédese ao cobro da comisión só por unha delas.