Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Inscricións: Obradoiro comarcal de cooperativismo e servizos sociais a desenvolver en #Nigrán

Inscricións: Obradoiro comarcal de cooperativismo e servizos sociais a desenvolver en #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Ancianos-7

O Concello de Nigrán en colaboración cos concellos de Baiona e Gondomar e en execución dunha iniciativa da Rede Eusumo integrada na Consellería de Traballo e Benestar, organiza este mes de xullo o obradoiro "A fórmula cooperativa nos servizos sociais" que amosará as vantaxes e particularidades do cooperativismo como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de creación de empresa no ámbito da prestación dos servizos sociais dando a coñecer referentes cooperativos no sector e mostrando os recursos para impulsar este tipo de proxectos. Este obradoiro vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas en impulsar proxectos sociais e na formación necesaria para poder realizalo con éxito.


Esta xornada, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal de Nigrán (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), desenvolverase o xoves 30 de xullo das 10:00 ás 13:00 horas. As persoas interesadas en participar, poderán inscribirse ata o 29 de xullo, facendo chegar o seu nome completo, DNI e teléfono e correo electrónico de contacto aos departamentos municipais de desenvolvemento local e emprego dos tres concellos e tamén á propia Rede Eusumo, no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Para ampliar esta información, pódese contactar co Departamento de Desenvolvemento Local de Nigrán, teléfono 986-365000-extensión 1, co Centro Antena, teléfono 986–366572, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo