Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Durante a ponte unha ducia de establecementos hostaleiros ofrecerán tapas a 1€ en Panxón.

Durante a ponte unha ducia de establecementos hostaleiros ofrecerán tapas a 1€ en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
IMG 0602

Desde a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), ponse en marcha a 3ª edición de "Tapas Quentes" en Panxón. Son doce os locais da contorna de Panxón que se suman a esta iniciativa, que ofrecerán durante os días 4, 5, 6, 7 e 8 de decembro, diversos entrantes quentes, polo prezo dun euro a ración. No facebook de OVALMI e na web www.ovalmi.com poderanse consultar os horarios dos locais participantes.


Os clientes interesados en facer a ruta completa de "Tapas Quentes" 2014 deberán adquirir o folleto, que actuará a modo de guía para facer o percorrido de tapas, nos establecementos participantes. Para poder optar ao sorteo de 12 ceas, o folleto deberá estar marcado por sete selos de establecementos diferentes, é dicir que deberá consumir en polo menos sete dos locais participantes. Unha vez completado, o consumidor deberá cumprimentar o apartado de datos persoais e depositalo nos buzóns habilitados ao efecto, en calquera dos establecementos participantes.