Mércores, 13 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Curso gratuíto de deseño CAD Solidworks para enxeñeiros, arquitectos e técnicos en Gondomar.

Curso gratuíto de deseño CAD Solidworks para enxeñeiros, arquitectos e técnicos en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
00116cshot

O Concello de Gondomar, a través da concejalía de Mocidade e a concellaría de Formación e Emprego, pon en marcha un curso gratuíto de “Deseñador CAD en Solidworks” do 5 ao 23 de decembro dirixido a enxeñeiros, aparelladores, delineantes, arquitectos e persoal técnico que desexen obter formación neste campo e que lle permitirá contar coas capacidades necesarias para presentarse ao exame do título homologado .

O curso, cunha carga lectiva de 36 horas distribuídas en horario de mañá, de 10 horas a 13 horas, capacitará ao alumnado coas ferramentas necesarias para construír modelos paramétricos de pezas e ensamblaxes, así como planos, o que supoñerá un elemento de distinción no seu currículo ao contar con esta formación especializada.

As inscricións deberán formalizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (986 369 746) ou no Centro de Desenvolvemento Local (986 384 020) e terán preferencia aqueles solicitantes empadroados en Gondomar e desempregados.