Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía “Véndese autoestrada Vigo - Baiona."

“Véndese autoestrada Vigo - Baiona."

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe autoestrada Val Miñor AP-9

Itínere, o grupo que controla a AP9 e as autoestradas Vigo-Baiona e A Coruña-Carballo a través da filial Ena Infraestruturas S.A. está en venda. Os accionistas da compañía chegaron a un acordo para desprenderse de forma conxunta do 100% do capital. Sacyr, Kutxabank, Liberbank e NCG Banco, socios minoritarios da empresa, convenceron ao fondo de infraestructuras de Citi (accionista de control a través dun vehículo que domina o 54% da empresa) para lanzar unha operación valorada nuns 1.300 millóns de euros (4.000 millóns, si inclúese a débeda do grupo), segundo da conta o xornal especializado Expansión.com. A operación afecta directamente os dereitos de explotación da principal autopista que vertebra o litoral galego.

O caderno coa información de venda da concesionaria Itínere (un dos tres maiores grupos de autopistas de España), xa foi enviado a potenciais interesados, entre os que se atopan varios grupos de investimentos financeiros internacionais, como fondos de pensións e de infraestruturas. Negociación que dá comezo cunha análise das contas de Itínere "antes de formular posibles ofertas", sinala Expansión.com
O ano pasado, Sacyr e as caixas intentaron vender a súa 46% de Itínere sen éxito, xa que os potenciais candidatos tiñan dúbidas sobre a evolución económica en España e non querían unha posición minoritaria na concesionaria. Nomeadamente primaba o temor de que o descenso dos tráficos e a crise afectaran o seu valor á baixa. A postura a cambiado e agora o 100% do paquete de accións ten cartel de venta.