-Curso de Deseño, planificación e desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre e Curso de Serigrafía, gravado e estampado de camisolas.
A Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán a través da OMIX e a Deputación de Pontevedra no marco do Programa Actívate 2013, organiza un curso de Deseño, planificación e desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre e un Curso de Serigrafía, gravado e estampado de camisolas , para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos ( as persoas maiores de 35 anos poderán anotarse en lista de agarda ).
Prazo de solicitude: do 4 de outubro ao 10 de outubro
Requisitos: ser residente en calquera concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes. Terán preferencia as persoas desempregadas. As datas e horarios dos cursos están aínda por determinar.
Documentación: DNI, tarxeta do paro ( no seu caso ) e volante de Padrón excepto as persoas empadroadas en Nigrán.
Os cursos son de balde
Mais información na OMIX, Estrada pola Vía nº 65, Panxón Nigrán, Tlf: 986 383081 correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo