Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Os bens de Louzán

Os bens de Louzán

Correo-e Imprimir PDF
rafaellouzan

 

-O presidente da Deputación de Pontevedra declara unha vivenda unifamiliar, un apartamento, locais comerciais e dúas leiras destinadas a viñedo. Ten dous coches e unha moto.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, declara unha vivenda unifamiliar por un valor catastral de 152.197 euros, un apartamento por 26.353 euros, locais comerciais por 24.931 euros, dúas leiras rústicas destinadas a viñedo por 18.136 e 18.442 euros e outro terreo en proceso de concentración parcelaria por 31.712 euros.

Así o recolle o Boletín Oficial da Provincia (BOP), que publica este luns as declaracións patrimoniais dos 27 deputados provinciais. Ademais, Louzán fai constar que "todos estes bens están situados na provincia de Pontevedra".

Louzán indica un saldo en contas bancarias de 39.874 euros e declara 50 accións do Celta de Vigo e 12 do Pontevedra CF SAD. Como vehículos ten un Audi valorado en 20.034 euros, un Citroën por 14.196 e unha moto Piaggio por 860 euros. Como 'Outros bens' inclúe unha praza de garaxe en réxime de concesión administrativa por 9.233 e achegas á Fundación Rías do Sur e á Fundación Monte Castrove. Tamén recolle uns préstamos hipotecario cun saldo debedor de 164.724 euros.

Segundo o publicado polo BOP, o dezasete deputados do PP e o seis do PSOE axústanse ao modelo consensuado na xunta de portavoces, pero o catro do BNG optan por unha declaración xurada.

Axudas a familiares e amigos

A renda de Louzán contrasta coas subvencións que recibiron familiares e amigos. Así, Áridos de Curro S.L. (Aricur) obtivo da Deputación de Pontevedra máis de 502.000 euros nos últimos seis anos. O administrador único da empresa, segundo comprobou GC no Rexistro Mercantil, é Juan Luís Abal Piñeiro, primo segundo do presidente da Deputación, Rafel Louzán Abal (PP).

Os seus camións están nunha finca de Ribadumia na que cea a miúdo a cúpula do PP, incuído Rajoy. A construtora logra tantas contratas que varias veces a Deputación de Pontevedra admitiu no BOP que non lle podía alugar máis camións porque xa os tiña todos traballando para a propia Deputación.

Por outra banda, a familia do condutor do presidente da Deputación de Pontevedra suma máis de 1.750.000 euros en adxudicacións desta administración. Son 37 contratas dende 2005, segundo a documentación á que tivo acceso GC. Pavimentos de Meaño, Fontefría e Cotrarga gañan todos os anos por alugar unha e outra vez a mesma maquinaria.

Gañan tantas contratas que ás veces a Deputación ten que deixar constancia no seu Boletín que non lle pode alugar máis bens pois esas empresas xa teñen toda maquinaria alugada á propia Deputación.

"Aupado" por contrabandistas

Nos últimos días, o deputado Jorquera reprobou os ataques de Rafael Louzán contra o portavoz da Plataforma de afectad@s por preferentes do Baixo Miño, Xulio Vicente González ao que acusou de “provocador nato, mamón e utilizar aos preferentistas para facer carreira política”. O BNG respóndelle que o presidente da Deputación fixo carreira "aupado politicamente por un contrabandista".

Recollido do xornal colaborador Galicia Confidencial