Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Un bo marco de público acompañou a concentración aerodeportiva en Panxón.

Un bo marco de público acompañou a concentración aerodeportiva en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
IMG 9158

Álvaro González Cameselle (1º), Javier Miguelez Martínez (2º) e José Manuel Novoa (3º) consagráronse no III Campionato Galego de Grandes Maquetas de Radiocontrol que tivo lugar no marco da concentración aerodeportiva desta mañá en Panxón.

O xurado da competición valorou a similitude da construción co orixinal e a súa limpeza e estilo de voo. Estas réplicas (arredor de 20) superan os 2 metros de envergadura e poden dispoñer de diferentes tipos de motorización, dende queroseno, gasolina a electricidade.

O seu custe medio rolda os 3,000 euros ao estar dotados da última tecnoloxía en seguridade e equipo de control. Con algúns destes mesmos modelos tamén se fixo unha exhibición de voo acrobático, e unha exposición no paseo de maquetas de avións de combate, a turborreacción e helicópteros.

A concentración
Como cada ano, centos de espectadores encheron o paseo marítimo para presenciar o evento.

Aínda que finalmente o día acompañou, a primeira hora da mañá estaba moi nubrado, polo que non se puideron realizar as probas tal e como estaba previsto. Polo tanto, non houbo clasificación de ultralixieros aínda que si exhibición.

Concentración aerodeportiva de Panxón|©C.de Nigrán

Posted by Valminor.info - O Xornal do Val Miñor on Sábado, 29 de Agosto de 2015