Domingo, 3 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A A.D. Vincios organiza unha fin de semana deportiva para todo público.

A A.D. Vincios organiza unha fin de semana deportiva para todo público.

Correo-e Imprimir PDF
senderismo elacebuchal

Vincios vivirá unha fin de semana cargada de ofertas deportivas . Este sábado 9 a parroquia acollerá a Festa do Deporte con probas e competicións nas modalidades de cross escolar (infantil), un duatlón con bicis de montaña (a partir dos 16 anos) e unha carreira popular de 3 e 6 quilómetros para todo público. As actividades terán como centro o campo de fútbol de A Pasaxe a partir das 16.30 horas e contará coa organización e coordinación da Agrupación Deportiva Vincios.

O domingo 10, a partir das 10 da mañá, partirá a 5ª Andaina organizada pola AD Vincios, dende o campo de fútbol de A Pasaxe para un percorrido de 15 quilómetros. O custe da inscrición é de 5 euros e pode realizarse até este venres no teléfono 699670085.