Mércores, 22 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O Club Ciclista Rías Baixas organiza un campamento para novos deportistas na Ladeira.

O Club Ciclista Rías Baixas organiza un campamento para novos deportistas na Ladeira.

Correo-e Imprimir PDF
campus

Este luns 7 de xullo arrinca na Praia de Ladeira o Campus de Ciclismo organizado polo Concello de Baiona e o Club Ciclista Rías Baixas, que durará ata o venres 11. Será a cuarta edición desta iniciativa que pretende achegar aos máis novos, de entre 5 a 14 anos, ao mundo da bicicleta e que se engloba dentro do programa de dez campamentos deportivos que ofrece o municipio miñorano durante a época estival. Os interesados aínda están a tempo de inscribirse tanto no Pavillón de Baiona como chamando ao teléfono 667 758 169.

Horarios e prezos
Ramón Troncoso, Director Nacional de ciclismo nivel III, exercerá un ano máis de máximo responsable desta actividade. O horario das cinco xornadas será de 09:00 a 14:00 horas e o prezo para os socios do club é de 30 euros e para os que non o son de 45.
O gran campión Marcos Serrano estará no campamento.
Ademais de realizar múltiples tarefas e xogos relacionados coa bicicleta, os participantes recibirán a visita de importantes deportistas como Marcos Serrano, exciclista profesional e ganador dunha etapa no Tour de Francia 2005; os corredores Élite e Sub 23 do Club Ciclista Rías Baixas; e tamén de representantes da Policía Local de Baiona que impartirán clases sobre seguridade vial.