O corredor porriñés, Jacobo Ucha (Club Ciclista Rías Baixas) obtén a sétima posición da proba en ruta sub 23 do Campionato de España celebrada esta mañá en Ponferrada. Defendendo nesta ocasión á Selección de Galicia, quedou a 5 segundos do gañador da proba, Gonzalo Andrés (Selección de Asturias) quen completou os 146 km do percorrido en 3:44:23 horas.
Ucha mantívose como protagonista en toda a carrera participando da primeira fuga da xornada canda o andaluz Gabriel Reguero. Os outros representantes da entidade do Val Miñor, Alejandro Santos (36º) e mais David Pérez (58º) lograron completar a proba.
A proba tivo unha media de 39,040 K/h, e contou coa participación, ademais da galega, das seleccións Sub 23 de Asturias, Murcia, Castela a Mancha, Valencia, Cataluña, Baleares, País Vasco, Madrid, A Rioxa, Andalucía, Cantabria, Castela e León, Aragón e Extrema Dura.