Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes 100 xogadores disputarán os campionatos de España de Bolos Celta na Camoesa.

100 xogadores disputarán os campionatos de España de Bolos Celta na Camoesa.

Correo-e Imprimir PDF

-A parroquia de Camos (Nigrán) acolle os campionatos de España de birlo celta en diversas categorías

O IX Campionato de España por equipos de 2ª categorías, o XI Campionato de España Xuvenil, o IV Campionato de España Feminino e a terceira edición do Campionato de España para veteranos. En total, preto de 100 xogadores que se disputarán o título desde as 9.00 horas do sábado, nunhas eliminatorias que se prolongarán ao longo de todo o día. As semifinais comezarán ás 9.30 horas e a gran final a partir das 12.30 horas
A cancha de birlos da Casa de Cultura de Camos A Camoesa será a sede dos torneos. A competencia conta cos patrocinios da Xunta de Galicia, o Concello de Nigrán, o Consello Superior de Deportes e as federacións nacional e autonómica de birlo celta.