Luns, 22 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O Club de Bolos de Peitieiros copa a entrega de premios da XI edición do Torneo Concello de Gondomar

O Club de Bolos de Peitieiros copa a entrega de premios da XI edición do Torneo Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
entrega-premios-bolos

-Na categoría de equipos resultaron vencedores os clubs Xunqueira, Peitieiros e Urgal.
Na categoría individual xuvenil acolleu a distinción o competidor Daniel Gómez (Peitieiros).
Na individual senior o vencedor foi Diego Camesella (Peitieiros).

O pasado fin de semana o Club de Bolos de Peitieiros, en colaboración coa Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar, celebrou a XI edición do Torneo de Bolos Celtas Concello de Gondomar.
O campionato disputouse nas instalacións do Club de Bolos Peitieiros e contou coa participación de máis de 60 deportistas, correspondentes a 11 clubs diferentes , que acadaron unhas 20 partidas.
Na categoría por equipos resultaron premiados os clubs Xunqueira, Peitieiros e o Club Urgal. Na categoría Individual Xuvenil, Daniel Gómez de Peiteiros alzouse coa vitoria. Na individual Senior resultou vencedor Diego Camesella, tamén de Peitieiros.