Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Nigrán Area colga o cartel de cheo na súa terceira edición

Nigrán Area colga o cartel de cheo na súa terceira edición

Correo-e Imprimir PDF
Nigran-Area-Carrera

A carreira popular pola praia Nigrán Area colgou o cartel de cheo na súa terceira edición, coa inscrición de 700 persoas, o límite máximo de prazas establecido nas bases da competición. Do mesmo xeito que o ano pasado, a terceira edición da carreira comezará este domingo ás 11.00 horas, coas categorías cadetes, infantís e benxamíns. Ás 12.00 horas comezará a carreira na categoría absoluta, e tras a súa finalización será a quenda dos prebenxamíns e pitufos.

Os participantes na categoría absoluta deberán percorrer unha distancia total de 6.000 metros sobre unha superficie eminentemente plana de area mollada; os cadetes 2.000, os infantís 1.500, os alevíns 1.000; os benxamíns 500, os pre-benxamíns 300 e os pitufos ou chupetes 100 metros.