Luns, 22 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Abertas as inscricións para o XI Torneo de Pesca Deportiva Infantil no Concello de Baiona.

Abertas as inscricións para o XI Torneo de Pesca Deportiva Infantil no Concello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
pesca-infantil

-O torneo nace a través do curso de iniciación á Pesca Deportiva .
-O XI Torneo de Pesca Deportiva Infantil desenvolverase o día 16 de agosto a partir das 17.30h ata as 19.30 horas nas instalacións do porto pesqueiro de Baiona.

O torneo distribúese por categorías sendo as mesmas as seguintes: Sub 8(2005), Sub 12 (2001) e Sub 16 (1997), sendo categorías mixtas. Os participantes recibirán un agasallo conmemorativo por parte dos patrocinadores da competencia.
A concellaría de Deportes de Baiona sinala que o torneo será totalmente subvencionado polo Concello, sendo o número de prazas limitado polo que se anima aos interesados formular as inscricións canto antes. Para inscribirse dirixirse á Oficina de Turismo ou chamando aos teléfonos 986 687 067 - 986 356 558.
Os requisitos para a participación así como o regulamento do presente Torneo están dispoñibles na Oficina de Turismo de Baiona.