Luns, 22 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Antón e Pablo, campións de Futvolei en Nigrán

Antón e Pablo, campións de Futvolei en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
futvoley-nigran

O recinto de deporte na praia Nigrán Area de Panxón serviu para premiar a Antón e Pablo como campións do I Torneo de Foot-Voley Concello de Nigrán. A pesar de que a climatoloxía non propiciou un bo número de bañistas na praia de Panxón, as bancadas de Nigrán Area si rexistraron un bo ambiente de público para seguir o torneo, destacando a presenza de todo un campión do mundo de fútbol como o exjugador céltico Mazinho.

O torneo rexistrou unha gran igualdade nos momentos decisivos. Os dous xogos de semifinais necesitaron ir ao desempate, disputado en forma de serie a dez puntos, para poder designar aos finalistas. Na primeira, Germán e Mauro acabaron por imporse tras unha prolongada sucesión de empates con Joako e Borja (15-12, 12-15, 16-14); mentres que na segunda, Antón e Pablo tamén lograron o pase in extremis ante Breno e Diego (13-15, 15-5, 11-9).
A gran final foi máis clara do esperado, con Antón e Pablo impóndose no primeiro set por 15-10 e logrando confirmar a súa vitoria no segundo por outro 15-10 sen ter que acudir ao terceiro set de desempate.
En liña co loito oficial decretado a raíz do accidente ferroviario de Santiago de Compostela, non se celebrou a cerimonia de entrega de trofeos e gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas.