Luns, 22 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Gondomar festexou a obtención do sexto título español de bolos celtas de José Rodríguez.

Gondomar festexou a obtención do sexto título español de bolos celtas de José Rodríguez.

Correo-e Imprimir PDF
jose-rodriguez-celta

O Concello de Gondomar entregou unha placa honorífica a José Rodríguez, traballador do municipio que acaba de coroarse por terceira vez consecutiva como campión de España de bolos celtas na modalidade individual. O veciño de Mañufe, José "Pepe" Rodríguez, recibiu os parabéns do alcalde Fernando Guitián e a concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro, nun acto de recoñecemento a súa traxectoria deportiva, cun palmares de seis títulos nacionais.

O Campionato de España de Bolos Celtas tivo lugar na cidade de Móstoles nas instalacións da Quinta do Centro Asturiano de Madrid, durante os días 1 e 2 de xuño pasado. A final gañada por Rodríguez xogouse a dúas partidas en cinco xogos.
Natalia Salgueiro sinalou que "en el Ayuntamiento estamos muy orgullosos de contar con José. Con esta placa queremos reconocer sus logros deportivos y, aprovechar para agradecerle su dedicación en el trabajo diario".