Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Baiona recupera as populares travesías a nado nas praias do municipio.

Baiona recupera as populares travesías a nado nas praias do municipio.

Correo-e Imprimir PDF
travesia-nautica-baiona

O vindeiro 13 de Xullo a partir das 19.00 horas, e desde a Praia da Ribeira, o concello de Baiona conxuntamente coa Piscina Mancomunda do Val Miñor, organiza a IV Travesía a nado Concello de Baiona, afianzando así unha proba deportiva que desde o 2005 non se realizaba.

O único e imprescindible requisito que se require para participar é a obrigada de saber nadar e inscribirse na mesma antes do 11 de xullo no pavillón deportivo municipal o na piscina mancomunada, cun custe de 3 euros por adulto. O resto das categorías é gratuíta
A travesía organízase en varias categorías e distancias sendo elas de carácter mixto aínda que as clasificacións realizásense por sexos:
a) Ata de 12 anos (nacidos ata 2001 incluídos) - 300 metros.
b) De 12 ata 16 anos (nados 1997 ata 1995) - 600 metros.
c) Maiores de 17 anos (1996 en diante) - 1.200.
Establécense trofeos para os tres primeiros clasificados tanto en categoría masculina como feminina e entregásense agasallos e avituallamentos a todos os participantes. A proba conta co patrocinio de varias empresas privadas, e a colaboración de entidades como a Deputación de Pontevedra, MRCY de Bayona, Protección Civil e Portos de Galicia.