Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A mostra fotográfica de Kike Salgueiro abre este mércores o Rallye Rías Baixas en Gondomar.

A mostra fotográfica de Kike Salgueiro abre este mércores o Rallye Rías Baixas en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Joan-VINYES-Suzuki-Swift-S1

-A 49ª edición o Rallye Rías Baixas botará o freo no municipio o próximo venres 31

- Como aperitivo, o Concello e o Equipo Rías Baixas organizan mañá mércores unha exposición fotográfica, unha exhibición de vehículos e unha charla- coloquio

Gondomar quenta motores e prepárase para a 49ª edición do Rallye Rías Baixas, que se celebrará os próximos días 30 e 31 na provincia de Pontevedra.

Os veciños de Gondomar poderán ver de preto os mellores pilotos do Campionato de España de Rallys de asfalto. O próximo venres 31, os distintos equipos participantes na 49ª Edición do Rallye Rías Baixas realizarán unha parada, ao termo de cada sección da primeira etapa (19.35 e 21.46), de media hora na Praza do Concello onde se montará un parque pechado cos vehículos.

Como aperitivo, o Concello de Gondomar e o Equipo Rías  Baixas organizan mañá, mércores 29, unha mostra fotográfica, unha exposición de vehículos de carreiras na praza do Concello e unha charla-coloquio no Auditorio Lois Tobío.

Mostra fotográfica e exposición de coches como pistoletazo de saída

A Praza do Concello acollerá dende a mañá do mércores 29 unha exposición do fotógrafo do nacional de rallys e veciño de Gondomar, Kike Salgueiro. Ademais das impresionantes instantáneas, o público poderá ver in situ catro dos vehículos participantes na proba, entre eles, o Mitsubishi do piloto gondomareño, Alberto Meira, o Porsche 911 de Sergio Vallejo, o Suzuki Swift de Pablo Pazó e o Opel Corsa de Esteban Vallín.

Como colofón terá lugar unha charla coloquio que contará con pilotos participantes na proba

Terá lugar o mércores 29 no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, ás 20.00 horas.

Estarán os pilotos Sergio e Diego Vallejo, campións de España de asfalto; Pablo Pazó e Moncho Seoane, campións da Copa Suzuki Swift 2012; Esteban Vallín, piloto oficial da rede Opel España e Alberto Meira, veciño de Gondomar, e campión da 48ª edición do Rías Baixas acompañado do seu copiloto, David Vázquez. Tamén estará o Presidente do Equipo Rías Baixas, Fernando Mouriño e o fotógrafo Kike Salgueiro.

A entrada é gratuíta e o aforamento limitado 250 prazas