Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A gondomareña Vanessa Veiga proclámase gañadora da maratón de Madrid

A gondomareña Vanessa Veiga proclámase gañadora da maratón de Madrid

Correo-e Imprimir PDF
A atelta gondomariña Vanessa Veiga celebrando o triunfo - CC BY runandwalk.net

 

Nun vibrante esprint final, no que superou á etíope Girma Tadese, a atleta gondomareña Vanessa Veiga proclamouse gañadora do maratón de Madrid, cun tempo de 2h36:38. A vitoria de Veiga é a primeira española en categoría feminina desde 1998.
Vanessa Veiga (Gondomar, 1979), campioa de España en 2011, correu acompañada do seu marido, o explusmarquista nacional Julio Rey . Ao cruzar a meta, abrazouse cos seus tres fillos, polos que abandonou a súa carreira durante sete anos. Veiga definiu as súas sensacións como «unha pasada» no seu primeiro maratón madrileño. «O ano pasado corrín os 10.000 e quedei coas ganas. Veu moita xente a verme e animáronme moito. Tiña a peor marca das participantes (de elite), pero tiven dúas lebres de luxo, o meu marido e o meu cuñado (Fernando Rey )».
«Ademais, hoxe é o aniversario do meu pai e do meu tío. ¡Que mellor regalo que este! Soñouno, pero había que traballar moito para conseguilo. No quilómetro 39 fóiseme un pouco a etíope, pero cando me vin aí, preto da meta, pelexei pola vitoria», explicou.
Veiga tamén tivo palabras para as vítimas do atentado de Boston. «Pode ocorrer en calquera sitio, en calquera praza ou supermercado. Os terroristas queren sementar o terror, pero non llo imos a consentir. Deron con xente moi valente. Que non renda o pánico, hai que seguir», engadiu.
A carreira madrileña congregou hoxe a 26.000 corredores nunha carreira presidida pola homenaxe ás vítimas de Boston e a reivindicación dos Xogos Olímpicos do 2020 para a capital española.