Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A Serra do Galiñeiro escenario do III Trail Galicia Máxica no Concello de Gondomar

A Serra do Galiñeiro escenario do III Trail Galicia Máxica no Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
trial-galinheiro

- Por terceiro ano consecutivo a asociación Galicia Máxica Trail Adventure (GMTA), en colaboración co Concello de Gondomar, organiza unha das súas probas máis emblemáticas, a que pechou a súa primeira tempada, no ano 2011, como gran fin de festa: o Trail Serra do Galiñeiro.

 

A novidade nesta terceira edición será que, ademais do xa tradicional trail de 21 km,foi deseñado un percorrido máis curto, pensando naqueles afeccionados que aínda non se atrevan coas habituais distancias medias e longas dos trail e ultratrail tan de moda por outras latitudes.

Con todo, non por contar cunha distancia inferior, este Minitrail Serra do Galiñeiro verá recortados os aspectos máis excitantes desta práctica deportiva: "o contacto intenso co medio natural, os ascensos e descensos técnicos, as paisaxes e contornas naturais privilexiados, a adrenalina e a suor", segundo adianta a organización.

O Minitrail e Trail Serra do Galiñeiro (10,5 e 21 km. aproximadamente) terán lugar en terreos do concello de Gondomar o vindeiro domingo 14 de abril, a partir das 10:30 horas.

A proba conta xa con máis de 500 corredores inscritos, que deberán recoller os dorsais o sábado 13, de 16:30 horas a 20:00 horas, e domingo 14, de 8:00 horas a 10:00 horas no Local Social da Asociación de Veciños de Vincios (Gondomar).

Destacamos, para rematar, a incorporación nesta proba de Alejandro Gómez Cabral, atleta da zona, xa que residen en Zamáns, e cuxo currículum esténdese brillantemente ao longo dos anos en diversas modalidades do atletismo: pista, cross, carreiras de media e longa distancia , media maratón e maratón, onde mantén a 4ª mellor marca española de todos os tempos.