Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes VIII Torneo de Badminton escolar Val Miñor

VIII Torneo de Badminton escolar Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe arquivo do anterior torneo de badminton escolar

O vindeiro venres día 24 de Maio nas instalacións deportivas do Pavillón Escolar de Covaterreña en Baiona, a Concellaría de deportes do Concello de Baiona en colaboración coa Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bádminton organizan unha nova edición do Torneo Escolar de Bádminton para o Val Miñor. Torneo que se agrupa dentro da programación deportiva do Deporte en idade escolar.


O presente Torneo pecha a competición escolar de Badminton para o Val Miñor, onde e como novidade apostou por realizar previamente ao mesmas xornadas competitivas de face a incrementar o nivel de xogo e de competición dos nosos escolares para que afronten con máis garantías o mesmo.

As Categorías participantes son: PRE Benjamín (nados anos 05 ? 06), Benjamín (nados anos 04 ? 03) Alevín (nados anos 02 ? 01), Infantil (anos nados 00 ? 99) e Cadete (nados anos 98 ? 97) nas modalidades Masculino e Feminino.

Para participar, o único requisito esixido é o de inscribirse antes do día 21 de Maio a través do e.mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou chamando ao teléfono 986.356.558, e non esixíndose nada aos interesados para poder participar xa que o material necesario achégao a organización do torneo, sendo este o motivo polo que dende o concello anima animan a todos os escolares das mencionadas idades a que participen incluso aqueles que non estuden en centros do Val Miñor.

A Concellaría de deportes de Baiona ademais entregará trofeos conmemorativos aos primeiros clasificados de cada categoría ademais dunha completa merenda para todos os participantes ofrecida polas empresas colaboradoras.