Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes III Campionato de natación escolar do Val Miñor

III Campionato de natación escolar do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe anterior edición

O próximo Domingo 7 de abril nas instalacións deportivas da piscina Mancomunada do Val Miñor, na Ramallosa, o Departamento de Deportes Baiona en colaboración coa Secretaría ou Xeral Deportes, Mancomunidade do Val Miñor, agrupación Escolar do Val Miñor e Serviocio, organizan a terceira edición do Campionato de natación escolar do Val Miñor 2013.

Para participar, o único requisito esixido é o de inscribirse antes do día 3 de Abril no Servizo de Deportes Municipal ou chamando ao teléfono 986.356.558 ou a través do e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

A Organización ademais, entregará trofeos conmemorativos aos primeiros clasificados de cada categoría ademais dunha completa merenda para todos os participantes e un gorro por participar de márcaa area que patrocina o evento.

As probas a desenvolver son:

  • 25 metros Crol e 25 metros costas para Pre benxamines.
  • 25 metros Crol e 25 metros costas para Benxamins.
  • 50 metros Crol e 50 metros costas para Alevíns.
  • 50 metros Crol e 50 metros costas para Infantís.