Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Gran éxito do Torneo Escolar de Tenis “NADAL 2012”

Gran éxito do Torneo Escolar de Tenis “NADAL 2012”

Correo-e Imprimir PDF
foto-tenis-gondomar

-O evento, celebrado no Concello de Gondomar, reuniu a 202 xogadores.

-Durante as xornadas recolléronse máis de 300 quilos de alimentos.

O torneo, que xa fora aprazado a causa da chuvia, levouse a cabo finalmente este sábado día 22 de decembro no Concello de Gondomar dende ás 9:30 dá mañá ata ás 14.30 do mediodía.

A pesares de que a media mañá a chuvia volveu a ameazar a realización do acto, por sorte os participantes puideron continuar co seu xogo e finalizalo con éxito.

A xornada transcorreu nun ambiente agradábel ao longo de todo o evento debido, en boa parte, á paciencia e á empatía de participantes e acompañantes.

Grazas a este torneo, o Club de Tenis de Gondomar conseguiu recadar máis de 300 quilos de comida coa que axudarán a moitas familias desfavorecidas a pasar mellor estas sinaladas festas.