Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes I Torneo Solidario de Fútbol 8 “Concello de Gondomar” nas datas 29 e 30 de decembro

I Torneo Solidario de Fútbol 8 “Concello de Gondomar” nas datas 29 e 30 de decembro

Correo-e Imprimir PDF

-No evento participarán equipos dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, ademais dun de Alcabre-Vigo

 

O I Torneo Solidario de Fútbol 8 "Concello de Gondomar" nace con fins solidarios e polo tanto "é meramente participativo, sen ningún tipo de interese competitivo", anuncian dende o Concello de Gondomar.

No evento participarán os equipos Gondomar F.B."A", Gondomar F.B."B", Gondomar F.B."C", U.D. Ribera, C.C.D. Chaín, Arenas de Alcabre Erizana C.F., e o E.D. Val Miñor nas súas respectivas categorías.

Todos os equipos xogarán cinco partidos de 25 minutos cada un e comezarán o sábado día 29 ás 10.00 horas. A xornada continuará pola tarde ás 16.00 horas. O domingo 30, a cita co fútbol comezará ás 11.00 horas e seguirá ás 15.30 horas.

Ao rematar o torneo, a redor dás 18.30 horas, farase entrega dás medallas nun acto ao que acudirán todos os xogadores participantes. Ademais recolleranse os alimentos para colaborar coas familias máis necesitadas dos tres concellos do Val Miñor.

A dito acto acudirán representantes políticos en especial das Concellarías de Benestar Social dos tres Concellos da comarca.