Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O Concello de Nigrán fai unha homenaxe á atleta local Jenny Fernández Massó.

O Concello de Nigrán fai unha homenaxe á atleta local Jenny Fernández Massó.

Correo-e Imprimir PDF
jenny-fernandez

-O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, recibe á atleta da Sociedade Atlética Val Miñor, Jenny Fernández Massó.

-Os éxitos cultivados no ámbito nacional esta tempada levaron á Federación Española de Atletismo a convocar á atleta nigranense para os europeos de campo a través do pasado 8 de decembro en Budapest.

-A atleta local obtivo un 75 posto na categoría junior, a terceira clasificada do equipo español, que finalizou o europeo na praza número 12 por países.

Os éxitos cultivados na actual tempada pola atleta local Jenny Fernández Massó, especialmente en Atapuerca e Soria, permitiron que esta adolescente despida un magnífico ano no deportivo cun Campionato Europeo de Campo a través, celebrado en Budapest o pasado 8 de decembro.

Os resultados obtidos na capital húngara non puideron ser mellores para as expectativas de Jenny. Un 75 posto na clasificación xeral da categoría, terceira do equipo español, o cal finalizou a competición na praza número 12 por países.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, recibiron este luns á nova atleta, a quen obsequiaron cun recordo do concello como recoñecemento aos méritos deportivos obtidos por Jenny. O rexedor municipal felicitou persoalmente á atleta de Nigrán, incidindo no espírito de esforzo e de sacrificio, "que lle permitiu chegar tan lonxe a tan temperá idade", sinalándoa como un exemplo a seguir para os mozos de Nigrán.