A concellaría de Deportes de Gondomar comunica que mantén abertas as inscricións para participar das I Xornadas Deportivas de Nadal, cun programa de actividades dirixidas tanto a nenos, como a maiores. As mesmas terá lugar os días 26,27,28 e 29 de decembro no que respecta aos cativos, e nos días 2, 3 e 4 de xaneiro para adultos. Para ocupar algunha das 150 prazas débese facer a correspondente inscrición no Pavillón de Deportes Municipal de 17 a 20h ou no CDL de 10 a 13 h. As actividades son totalmente gratuítas.
Programa de actividades para nenas e nenos
Decembro 2012: Días 26,27,28 e 29.
Idade 5 a 18 anos
26/12- Deportes colectivos, Baloncesto e Fútbol Sala.
27/12- Deportes de combate, Taekwondo, Kung-Fu, Full Contact.
28/12- Patinaxe con circuíto e competición.
29/12- Circuíto de Bicicleta Indoor
Xaneiro 2012: Días 2,3 e 4.
Idade: A partires dos 18 anos.
02/01- Aeróbic.
03/01-Andaina de 6 quilómetros
04/01- Circuíto Sensorial , Pilates, Masaxes.