Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A nova directiva do Real Club Náutico de Vigo comprométese a manter as actividades deportivas en Nigrán.

A nova directiva do Real Club Náutico de Vigo comprométese a manter as actividades deportivas en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
viviana nautico_vigo-edit

A cúpula da nova xunta directiva do Real Club Náutico de Vigo, elixida o pasado 16 de novembro, reuniuse co alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, no Concello de Nigrán. Na mesma os representantes da institución viguesa asumiron o compromiso de traballar coa administración local na celebración de actividades deportivas e de lecer para todos os públicos, e especialmente para os veciños do municipio, segundo adiantaron a presidenta e vicepresidente da mesma, Viviana García e Julio Rodríguez Álvarez.

 

Nomeadamente, o club que xestiona parte das súas instalacións neste municipio, seguirá adiante coas súas actividades en tenis e pádel. Nese senso, anunciouse a continuidade do torneo de pádel solidario como o celebrado o pasado mes de xuño.

"Este encontro abre unha nova etapa nas relacións entre a administración local e a directiva, que tamén asume a xestión das instalacións do Real Club Náutico de Vigo en Nigrán, e avanzan que a boa relación existente até a data non só manterase senón que mellorará" sinalan dende o goberno local.