Esta fin de semana ninguén vai quedar coas gañas de facer "dobres" ou arriscar un "triple". O Club de Baloncesto Airexa Nigrán abre inscricións para participar do Torneo 3x3 a celebrarse o vindeiro venres 17 e sábado 18 de agosto no Pavillón de Deportes Municipal de Panxón. Os xogos admitirán equipos masculinos e femininos a partir dos 13 anos e tamén mixtos na categoría Sénior.
O venres 17 se desenvolverá o torneo feminino, e o 18 será a quenda para os equipos masculinos e mixtos segundo informou Javier Iglesias, presidente da institución organizadora. As bases do torneo e as fichas de inscrición están dispoñibles para descargar no portal do Club Baloncesto Airexa Nigrán.
Data:
1. VENRES DIA 17: para o torneo feminino.
2. SABADO DIA 18: para masculino e mixto.
CATEGORIAS:
- Infantil, Cadete, Junior e Sénior.
-Os equipos mixtos só serán en categoría sénior.
PREZOS:
-Categoría sénior: 8 euros por xogador/ra.
-Categoría infantil, cadete e júnior: 5 euros por xogador/ra.
-O pago farase antes de comezar o torneo á organización
INSCRIPCIÒN:
-Mandar por mail a folla de inscrición adxunta, na que se indiquen a categoría, compoñentes do equipo, datas de nacemento, nome do equipo, nome do capitán e teléfono de contacto.