Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O próximo domingo celébrase o I Trofeo de tenis benéfico escolar Concello de Gondomar.

O próximo domingo celébrase o I Trofeo de tenis benéfico escolar Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
7128tenis

Coa colaboración da Concellaría de Deportes, o Club de Tenis Gondomar optou pola organización dun torneo benéfico. Os xogadores avalarán a súa participación coa achega de 1 kg de alimentos non perecedoiros, que se distribuirán despois desde a Concellaría de Benestar Social do Concello.

 

O torneo inclúe as categorías pre-benxamín (anos 2004-2007), benxamín (2002-2003), alevín (2000-2001), infantil (1998-1999) e cadete (1996-1997) e celebrarase no pavillón municipal de Gondomar e o colexio Chano Piñeiro, a partir das 09:00 horas deste domingo 3 de xuño.