O corredor estremeño Pedro Romeu (GR-100 Sports) impúxose no "VIII XCO Trofeo Concello de Nigrán" disputado esta fin de semana no circuíto de Monteferro. A proba disputouse sobre un circuíto bastante esvaradío debido á choiva caída durante a mañá. Segundo clasificado e primeiro S23 foi o galego Jose R. Villanueva pero xa a máis de tres minutos do vencedor. Secundaríalles no podio o corredor do Rotor Víctor M. Fernández, que vítima dun desfalecemento perdeu todas as súas opcións de vitoria no último xiro. Un dos favoritos e líder durante boa parte da carreira, Pablo Rodríguez (Hirumet) víase obrigado a abandonar a falta de 2 voltas debido a unha avaría.
Entre os máis novos, vitoria en cadetes do corredor de Benavente Álvaro Lobato (Transportes Chema) e de Marta García (Rotor R&D Team) na categoría conxunta cadete y junior feminina. En junior gañou o actual sub-campión de España Javier Cerdeño por diante do seu compañeiro do equipo Rotor Álvaro Sánchez e de Adrián Huerga.
Os triunfos galegos se chegaron na categoría senior, con Alejandro Magallanes (Vigo Master-Mapfre) así como nas categorías dos veteranos con Antonio González (M-50), Francisco Barciela (M-40) e David Rodríguez (M-30).