Martes, 18 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes II Campus de iniciación ao ciclismo en Baiona

II Campus de iniciación ao ciclismo en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
2campus ciclismo_baiona2012
Download this file (inscripcionA4.jpg)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Os próximos días 2,3 e 4 de Abril coincidindo co período vacacional escolar de Semana Santa, no antigo campo de futbol de Santa Marta, en Sabaris, a concellaría de Deportes do Concello de Baiona e o club ciclista rías Baixas organizan o II Campus de Iniciación á Bicicleta, que nace a través da propia escola municipal de ciclismo que ambas as entidades teñen organizada desde o pasado curso escolar 2010 - 2011.

O concello agarda que coa posta en marcha da presente iniciativa, o funcionamento da liga escolar de Dúatlon e da escola municipal, sexan capaces de enraizar a escola de Ciclismo municipal na vida deportiva dos escolares de Baiona e do Val miñor.

O programa do Campus engloba 3 xornadas matinais desde as 10.00 h até as 14.00 h e no mesmo desenvólvense actividades como: revisión e mantemento das bicicletas, Manexo e habilidades na bicicleta, Paseos., Carreiras de obstáculos e "jimkanas", Educación Viaria e primeiros auxilios.

A organización do campus desenvolverase a través da formación de grupos homoxéneos por idades (6 a 15 anos) traballando e respectando os seus diferentes niveis para alcanzar os obxectivos fixados.

As actividades do campus contemplan a visita de figuras do ciclismo como o ciclista Vladimir Isaychev e selecionador galego Guillermo Sande que seguro que achegarán o mundo do ciclismo aos presentes.

Todos os participantes contarán con merenda, sorteo de agasallos así como dunha camiseta de recordo desta II Edición do Campus de Iniciación á Bicicleta.

Para formular as inscricións ou obter máis información o concello pon a disposición o teléfono 986.356.558 ou o email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Para a xente que queira facelo de xeito presencial pode dirixirse ás oficinas do servizo de deportes municipal do concello de Baiona.

Attachments:
File
Folleto de inscrición