Mércores, 21 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura 42 obras concorren ao VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo

42 obras concorren ao VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo

Correo-e Imprimir PDF
orixinais-VT

O pasado 31 de xullo  rematou o prazo para a recepción de orixinais para participar no VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo. O xurado reuniuse para recoller os traballos presentados, nun total de corenta e dúas obras. O fallo farase público no transcurso do mes de setembro, en data que se anunciará nos medios de comunicación.

Na primeira convocatoria resultou gañador o poemario Cultivos Transxénicos de Carlos Negro; na segunda o xurado acordou conceder o premio ex aequo aos poemarios Cuarto Minguante, do que é autora Mª Carmen Caramés, e Biografía da Multitude, que resultou estar creado a dúas mans por Elvira Riveiro e Silvia Penas; na terceira edición o premio foi para o libro Devastacións dispoñibles, de Mª Goretti Fariña, na cuarta edición a obra premiada foi Holocausto Zacoe, de Calros Solla; na quinta edición a obra gañadora foi Distancias e Simetrías, de María Concepción Álvarez Lebredo; na sexta a obra premiada foi Territorios Estraños de Ramón Sandoval; e na séptima a obra premiada foi O caderno amarelo de Lara Rozados