Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Os proxectos máis recentes do escultor Silverio Rivas preséntanse na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Os proxectos máis recentes do escultor Silverio Rivas preséntanse na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF
Silverio-Rivas

ITINERARIUS: A mostra do escultor Silverio Rivas inaugúrase este venres 29 de maio ás 20.30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Hei de erguer contra o aire, o silencio e o misterio que a terra esconde na súa entraña, escribe o poeta Xavier Seoane nun texto inédito, que presenta esta mostra que desvelará un feixe da máis recente creación plástica de Silveiro Rivas.

O artista nado en Ponteareas amosará unha serie de traballos experimentais en diversos materiais e dimensións. Destacan bosquexos que saen por primeira vez do seu obradoiro e traballos de gran porte en aceiro inoxidable.

Galardoada en febreiro pasado co Premio Laxeiro 2015, a frondosa obra de Rivas enxoia diversos espazos públicos do pais con esculturas como a Porta do Atlántico (Vigo), o Monumento ás vítimas da represión (Tui) e Horizonte para o sol (Campus universitario de Vigo) entre outros exemplos. Ás súas innumerables mostras individuais e colectivas ao longo do continente, súmase a obra espallada en museos e coleccións particulares de prestixio.

Esta nova instalación que poderá visitarse a partir deste venres na Aula de Cultura Ponte de Rosas, contará cunha presentación do médico analista Román Pereiro, membro do IEM e crítico de arte. Acto no que tamén estará presente o autor da obra.

Ao finalizar a presentación terá lugar un viño xentileza das adegas Terras Gauda que estará acompañado polas tradicionais roscas da panadería Copena de Gondomar. A exposición poderá visitarse de luns a venres de 19 a 21 horas até o vindeiro 24 de xullo no lugar do Campo da Feira, na avenida do mesmo nome número 10, baixo en Gondomar.

Dípico informativo

Â