Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Espazo Lectura prepara unha noite de acampada na Biblioteca con 30 cativos de Gondomar.

Espazo Lectura prepara unha noite de acampada na Biblioteca con 30 cativos de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
noite biblo

Unha acampada entre libros pode soar raro. Non é así para os cativos de Gondomar que por sétimo ano consecutivo pasarán unha noite nela, iso si, moi ben acompañados. Ademais dos xogos e aventuras que proporán os dinamizadores da Asociación Espazo Lectura, o mago Carlos Coira lavaraos ao mundo máxico co seu espectáculo Abrapalabra! Este ano serán máis de 30 os nenos que cos seus pixamas e sacos de durmir se farán este sábado do primeiro andar da Casa da Cultura a partir das dez da noite. O domingo pola mañá, espertarán con xogos poéticos e tras almorzar volver cos seus pais. A Noite na Biblioteca forma parte do programa a prol do fomento da lectura que ao longo do ano desenvolve a Asociación Espazo Lectura, neste caso coa colaboración do Concello de Gondomar.