Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Alumnos de primaria dialogaron co escritor Bieito Ledo Cabido no marco da mostra de libros antigos de Nigrán.

Alumnos de primaria dialogaron co escritor Bieito Ledo Cabido no marco da mostra de libros antigos de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
bieito-ledo-nigran

Máis de 140 alumnos de 3º e 4º de primaria participaron este martes dun coloquio co escritor e editor Bieito Ledo Cabido. O encontro tivo lugar no marco da I Andaina Escolar Exposición de Libros Escolares Antigos, que organiza o Concello de Nigrán.

Cun enfoque distendido e pedagóxico, o escritor explicou aos nenos a orixe e o valor da escritura, e dos libros, ao longo da súa historia. Así mesmo, lembrou a orixe do Día das Letras Galegas como acto institucional, que se remonta a 1963, para conmemorar o centenario da publicación da obra de Rosalía de Castro, Cantares Gallegos.
A próxima cita será co escritor Xosé Neira Vilas, o vindeiro venres 30 de maio, ás 11.00 horas no Salón de Actos municipal, cunha charla dirixida a alumnos de 5º e 6º de primaria.
A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro domingo 1 de maio, en horario de 18.00 a 20.00 horas de luns a domingo.