Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Nova faciana e máis servizos amosará o Auditorio Municipal de Gondomar “Lois Tobío”.

Nova faciana e máis servizos amosará o Auditorio Municipal de Gondomar “Lois Tobío”.

Correo-e Imprimir PDF
nova-faciana-lois-tobio
remodelado-lois-tobio
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Tras unha década e media acollendo actividades culturais, o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar comezou nesta xornada a  maior remodelación da súa historia. Máis de 250 mil euros serán destinados a axeitar o edificio, ampliar a súa funcionalidade e cambiar a fachada. A obra, concedida a unha das cinco empresas locais que participaron da convocatoria prevé que o espazo  amose “acorde á programación que alberga e ao público que o visita. Sen dúbida daralle un novo encanto”, segundo expresa Ignacio Troncoso, concelleiro de Cultura de Gondomar.

O “novo “ Lois Tobío

O proxecto aprobado abrangue numerosas melloras nas instalacións do Auditorio entre as que destacan no interior a creación dunha zona de vestiarios inexistente ata de agora, a adecuación do vestíbulo e aseos e a adecuación da platea para outros usos. Neste último punto, Troncoso sinalou que un dos obxectivos do proxecto é permitir que o Lois Tobío conte cunha infraestrutura axeitada que permita acoller outros eventos como conferencias e congresos.

Por outra banda, habilitarase unha nova entrada ao Auditorio, pois a actual, situada nun lateral,  “interrompía o desenvolvemento dos espectáculos dadas as entradas e saídas do público”, advirte Troncoso. Como complemento mellorarase o acceso ao escenario á persoas con mobilidade reducida ou con problemas de visión.

Finalmente o exterior tamén cambiará e amosará unha estética totalmente distinta á actual ademais de dotar os accesos cunha zona de carga e descarga.

Financiamento da obra

Segundo o informado polo Concello de Gondomar unha empresa local foi a adxudicataria, entre outras 6 (das cales 5 eran do municipio), do contrato cunha inversión de 250.000 euros. Da contía, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  subvenciona 170.000 euros, mentres que o restante será financiado polas arcas municipais.

Calendario das obras

Se prevé que as obras, que xa deron comezo,  estean rematadas en agosto de 2014. Unha vez pechado o calendario cultural de Nadal, sobre o 15 de xaneiro e ata os primeiros días de marzo se concentrará a maior parte dos traballos no interior do edificio. A intención das autoridades do Concello é que xa se atope operativo para a celebración do Día Internacional do Teatro, continuando sen interromper as actividades, a remodelación da fachada exterior.

Ignacio Troncoso, responsable do departamento de Cultura do Concello, destaca que, “aínda que durante estes anos se foron conseguindo pequenas cousas, esta é unha actuación moi esperada que converterá ao Lois Tobío nun auditorio acorde á programación que alberga e ao público que o visita. Sen dúbida daralle un novo encanto”.