Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O Coro do Brión cantará a Rosalía nos actos centrais en Vigo polo 150º aniversario de Cantares Gallegos.

O Coro do Brión cantará a Rosalía nos actos centrais en Vigo polo 150º aniversario de Cantares Gallegos.

Correo-e Imprimir PDF
cantaresdobrion

-"Has de Cantar", o poema de Rosalía musicalizado polo artista miñorano Pablo Rial Salgueiro será interpretado por Cantares do Brión no acto central en Vigo polo 150º aniversario da primeira publicación de Cantares Gallegos.

 

Na mañá do domingo, 26 de maio, no Casco Vello de Vigo desenvolverase unha xornada de homenaxe floral e musical con motivo de se cumpriren os 150 anos da publicación da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Desde primeira hora está prevista a elaboración dunha alfombra floral. Posteriormente, a partir das 12:00 horas desenvolveranse varias actuacións de grupos de gaitas e de baile tradicional.

Ás 13:00 horas, na Praza de Almeida, terá lugar o acto oficial coa intervención do Coro Tradicional Cantares do Brión (Vincios-Gondomar) e mais do Orfeón Mariñeiro do Berbés.

A continuación será interpretado o Himno de Galicia nas inmediacións do lugar onde estaba a imprenta Compañel, onde se imprimiu Cantares Gallegos.