Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A banda debuxada “V de Vendetta” centra unha nova sesión do club Lecturas Debuxadas en Gondomar.

A banda debuxada “V de Vendetta” centra unha nova sesión do club Lecturas Debuxadas en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
v-vendetta

 

O martes 21 de maio, ás 20:00 horas, na biblioteca de Gondomar, terá lugar a sesión mensual do club de cómic Lecturas Debuxadas que organiza a asociación Espazo Lectura. A sesión estará dedicada a comentar V de Vendetta, de Alan Moore e David Lloyd.

V de Vendetta, ademais de ser unha das maiores obras mestras da industria do cómic e unha das obras máis persoais e logradas dos seus autores, Alan Moore e David Lloyd, é unha historia horrible e terriblemente real acerca da perda da liberdade e da identidade do individuo que se ve inmerso nun mundo hostil, frío e totalitario.

Co trasfondo dunha Inglaterra imaxinaria que caeu baixo a bota dun réxime fascista, analízase tanto a vida baixo un estado policial asfixiante como o poder da rebelión e a resistencia do espírito humano ante a opresión e o totalitarismo. Nun mundo onde todo o que non está prohibido é obrigatorio, un só home pode marcar a diferenza.