Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O Centro Cultural de Peitieiros abre as celebracións do Día das Letras Galegas en Gondomar.

O Centro Cultural de Peitieiros abre as celebracións do Día das Letras Galegas en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
rvb debuxo

 

-O Centro Cultural de Peitieiros conmemora o día das letras este xoves 16 ás 20:30 horas.

O Centro Cultural de Peitieiros conmemora este xoves 16 ás 20:30 horas o Día das Letras Galegas. Nesta conmemoración terá un papel central a figura do autor homenaxeado, Roberto Vidal Bolaño, que no seu día deu nome a un premio que no Concello de Gondomar se concedía a destacados persoeiros do teatro galego.

A conmemoración iniciarase coa presentación audiovisual do autor homenaxeado, para dar paso á lectura de tres escenas de Agasallo de Sombras, a obra que no ano 1984 Roberto Vidal Bolaño puxo en escena co Centro Dramático Galego e na que o autor fai unha revisión desmitificadora da autora da que, precisamente este ano, se cumpren os 150 anos da publicación do seu primeiro libro. Os actores e alumnos da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo, Aldán López Dacosta e Helena Electra Rodríguez Marcet darán voz ás personaxes de Rosa, a sombra da propia Rosalía cando tiña 21 anos, e Aguirre, o poeta que liderou o mítico Banquete de Conxo entre intelectuais e obreiros.

A continuación abrirase a lectura de textos de Vidal Bolaño ás persoas asistentes.

Para pechar o acto a directiva do Centro Cultural organiza unha queimada de primavera con acompañamento do Grupo Ecos e Agarimos do mesmo Centro Cultural. Convídase ao público a achegarse ao espectáculo con algo para picar e compartir unha cea entre os asistentes.