Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Com as reintegracionistas!

Com as reintegracionistas!

Correo-e Imprimir PDF
diatoahlha

O DdoOLeR 2013 (VII Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata e XIII Dia Internacional da Toalha) celebrarase o 25 de maio e xa ten cartaz protagonizado por Teresa Moure e tamén o seu propio Harlem Shake: "Com as reintegracionistas!".

 Moure foi escollida este ano como madriña despois da repercusión acadada polo artigo publicado hai unhas semanas no xornal Praza Pública, no que facía unha pechada defensa do reitegracionismo e anunciaba a súa decisión persoal de empregar esta norma.

Dim lights Embed Embed this video on your site

O Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata comezou a celebrarse en 2007 como forma de reivindicación lúdica da unidade da lingua. Celébrase o 25 de maio, ao igual que o Dia do Orgullo Friki e do Dia da Toalha, evento do que parte e que comezou a celebrarse en 2001 como homenaxe a Douglas Adams e a súa Guía do autoestopista galáctico.

Recollido do medio colaborador Praza Pública.