Mércores, 1 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Espazo Lectura presenta o programa de actividades da Semana do Libro e a Lectura en Gondomar.

Espazo Lectura presenta o programa de actividades da Semana do Libro e a Lectura en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
nornas-lectura

-Con actividades lectoras e espectáculos para todas as idades, Espazo Lectura bota a andar unha nova Semana do Libro e a Lectura en Gondomar a celebrarse do 22 ao 27 de abril.

 

Espazo Lectura da a coñecer o programa completo da Semana do Libro e a Lectura 2013, con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril. Trátase dun calendario de actividades diarias dende o luns 22 ao sábado 27 de abril.

Programa

- Luns 22 ás 18:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)

CONTOMAR

Sesión especial: PAVÍS PAVÓS

Espectáculo: TRES CONTOS E PICO

- Martes 23 de 10:30h a 13:00h (Parque da Coelleira)

CONTOS NA COELLEIRA (350 nenos e nenas de sete colexios do Val Miñor compartirán contos)

Actuación: FANTOCHES BAJ e os VELOCÍCLOPES

Espectáculo: RODAR I RODARI. CONTOS DO TRANVÍA

- Martes 23 ás 20:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)

CLUB LECTURAS DEBUXADAS

Cómic proposto: TITOÁN (Edit. Demo) Contaremos coa presenza dos autores, INACIO VILARIÑO e IVÁN SUÁREZ

- Mércores 24 ás 18:30h (Casa da Lectura, Donas, Gondomar)

Sesión especial: MARISA IRIMIA

Espectáculo: O MISTERIO DAS CINCO PORTAS

- Xoves 25 ás 19:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)

COMANDO LE

Obradoiro de poesía: POESÍA E CHOCOLATE: DOUS PRACERES INTENSOS E ESCUROS, impartido por CARLOS NEGRO

- Venres 26 ás 20:00 h (Nornas Hostel)

DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER (sesión de lecturas compartidas en voz alta)

- Sábado 27 ás 12:00h (Biblioteca Municipal Gondomar e praza do Centro de Saúde)

Sesión especial do CLUB DE LECTURA COMPARTIDA LENDO CONTIGO

Libro proposto: O PRINCIPIÑO, de Saint-Exupèry (Galaxia). Con lectura pública, en familia e en voz alta e moitas máis sorpresas.

- Sábado 27 ás 17:30h (Biblioteca Municipal Gondomar)

CONTOS EN CUEIROS (para bebés de 0 a 3 anos)

Sesión especial: TEATRO DA SEMENTE

Espectáculo: VIAXE A DADÁ