Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Noite máxica coa arpa celta de Marta Quintana na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Noite máxica coa arpa celta de Marta Quintana na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF
A arpista Marta Quintana na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

A arpista Marta Quintana, presentou hoxe unha escolma exquisita do seu delicado repertorio na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Da súa arpa manaron pezas dende a máis pura tradición musical do país ata fermosísimas mixturas cos sons contemporáneos. Un concerto peculiar e íntimo pois Marta fixo a súa música en solitario, sen a habitual compaña do seu grupo de músicos. Durante o concerto interpretou varios temas do seu último traballo Amable, editado en decembro pasado.

Marta Quintana é unha moza que comezou amar a música a carón da súa avoa, cantando no coro da igrexa. Logo chegou a guitarra como compañeira á que interpretou de forma autodidacta. O remate dos estudos superiores na Universidade de Santiago de Compostela, deron paso hai oito anos ao aprendizaxe da arpa na Emao con Rodirgo Romaní, e do que segue a ser alumna.

O próximo concerto desta cantante, intérprete e compositora será na Sala de Concertos Liceum do Porriño o próximo venres as 23:30 horas, na que actuará acompañada polos músicos Suso Feixón, Marcos Campos, Marcos Padrón, Serxio Cobos e mais Tony Simoes.