O concerto que viña grazas a un acordo entre Caixanova e o goberno local suspendeuse «por causas alleas á corporación», segundo explica a concelleira de cultura do municipio. Esta opinión non coincide coa que mantén o grupo, que se exime de toda responsabilidade. O seu mánager solicitou con antelación unhas condicións técnicas concretas que non se lle concederon. Entre os requisitos estaban un escenario con plataforma homologada e seguro de responsabilidade civil e polo menos 120.000 watts de potencia. «O máximo que había eran un par de táboas. Actuar sobre elas era atentar contra a seguridade dos compoñentes», afirma o seu mánager.
Continúa na Voz de Galicia