Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Tino Baz presenta hoxe o seu último disco durante a semana das letras galegas de Nigrán

Tino Baz presenta hoxe o seu último disco durante a semana das letras galegas de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O cantautor da Guarda Tino Baz presentará a partir das oito da tarde de hoxe no cámping de Nigrán o seu primeiro traballo discográfico en solitario Cinsa namorada (PAI Música 2007).

Os temas que compoñen este disco son músicas e textos do artista, xunto a poemas da prestixiosa escritora lucense Marica Campo. Na instrumentalización Tino utiliza a zanfoña, a gaita, a guitarra e distintos instrumentos de percusión galega.

Este acto enmárcase dentro da Semana dás Letras Galegas que organiza a concellaría de Cultura de Nigrán, baixo a dirección do edil Xosé Lois Gutiérrez Soto. Mañá estaba prevista a inauguración dunha rúa co nome de Álvarez Blázquez, pero o acto tivo que aprazarse por razóns de saúde do seu fillo Xosé María Álvarez Blázquez, que ía impartir unha conferencia.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site